1. OBXECTIVO
O obxectivo da segunda edición do festival VIDEOXOGA FEST é o de potenciar o talento e o emprendemento no sector dos videoxogos indies, videoxogos desenvolvidos por grupos reducidos de individuos ou pequenas empresas, e premiar a súa achega ao avance da industria, creando novas formas de xogo que viran ao redor de ideas novas e disruptivas.
2. REQUISITOS
2.1. O/os videoxogo/s presentado/s deberán estar desenvolvidos no marco definido como «indie», é dicir, como videoxogo independente, entendendo como tales todos aqueles videoxogos creados por equipos pequenos, pequenas compañías e/o un único desarrollador/a independente, tanto se está dado de alta coma se non.
2.2. O/os videoxogo/s presentado/s deberán ser obras galegas desenvoltos nos anos 2024 ou 2025. Para aqueles xogos que se presenten completamente acabados, e atópense xa en proceso de comercialización, requirimos que a data de saída ao mercado, en primeira versión, non sexa anterior ao 1 de xaneiro de 2024. Entendemos como galego, aqueles videoxogos desenvolvidos nunha empresa con sede en Galicia ou cuxo equipo sexa constituído por, polo menos, o 50% dos seus integrantes galegos.
2.3. No caso de estudos de desenvolvemento, formalmente constituídos como empresa, que presenten videoxogos ao concurso, estes deberán, á data de presentación do seu videoxogo ao concurso, cumprir coa definición legalmente aplicable á tipoloxía de «microempresa», ademais de non ter unha antigüidade superior a 5 anos desde a súa data de primeira constitución, non superar un persoal de 12 persoas e facturar menos de trescentos mil euros ao ano.
2.4. No caso de presentarse ás categorías Rookie ou Impacto Social, admítense versións de videoxogos cuxa jugabilidad e experiencia de usuario permita unha percepción suficiente do propio videoxogo, considerándose como nivel mínimo de presentar ao concurso unha demo xogable ou vertical slice. Esta debe ser desenvolta durante o curso 2024/2025, non anterior.
2.5. Os videoxogos a concurso para a categoría de Mellor Videoxogo de Galicia, idealmente, poderán estar desenvolvidos na súa totalidade.
2.6. Un mesmo videoxogo pode competir e optar ata un máximo de tres categorías, sempre que cumpra cos requisitos, pero unicamente poderán ser gañadores nunha delas.
2.7. Unha mesma entidade, equipo ou desarrollador poderá presentar un máximo dun videoxogo, agás se é para a categoría social.
2.8. A selección de finalistas levarase a cabo tras a valoración de cada unha das candidaturas recibidas polo xurado de VIDEOXOGA FEST. As obras seleccionadas como finalistas recibirán unha notificación privada de VIDEOXOGA FEST con antelación a data de celebración do festival.
2.9. O xurado para o premio Mellor Videoxogo de Galicia será anunciado antes da celebración do festival e a súa decisión será inapelable. Os xurados poden establecer as mencións especiais que consideren oportunas.
3. CATEGORÍAS
Establécense as seguintes categorías a concurso:
3.1. Mellor Videoxogo de Galicia
3.2. Mellor Videoxogo Rookie
3.3. Videoxogo Rookie máis innovador
3.4. Videoxogo Rookie con mellor proposta visual
3.5. Mellor Videoxogo Social
Para inscribirse nas categorías Rookie, o equipo deberá estar formado por estudantes cursando na anualidade 2024/2025 algún dos seguintes estudos no ámbito autonómico galego: Grao de Animación e Videoxogos (1º e 2º ano), CFGS Animación 3D e videoxogos ou Curso de especialización en Desenvolvemento de videoxogos. Quedan excluídos alumnos de máster, posgrao ou grao (3º e 4º ano).
Para inscribirse na categoría Mellor Videoxogo Social, o videoxogo deberá transmitir unha mensaxe social como tema principal ou mellorar unha realidade social dun determinado colectivo. Poden tratarse, entre outras, de combater situacións de inxustiza, promover valores sociais, mellorar a inclusión de persoas con neurodiversidad ou loitar por un cambio social en países desfavorecidos.
4. CALENDARIO
4.1. Peche de presentación das candidaturas: 21 de Marzo 23:59h.
4.2. Preselección de finalistas e avaliación do xurado: 20 -27 de Marzo
4.3. Presentación dos finalistas: 27 de Marzo
4.4. Festival VIDEOXOGA FEST: 28 de Marzo
5. REQUISITOS TÉCNICOS
5.1. As plataformas tecnolóxicas de execución requiridas nesta edición aplican a videoxogos que poidan executarse en PC/consolas. No caso de que sexan xogos VR, AR ou móbil, o candidato deberá facilitar o equipo necesario para que o xurado poida avalialo.
5.2. Os participantes á categoría de Mellor Videoxogo de Galicia deberán facilitar no momento da inscrición ao concurso, os compoñentes necesarios para poder probar o videoxogo, ben por URL ou ligazón de acceso, ficheiro comprimido con executable, App descargable, códigos de activación/invitación ou referencia específica para a súa execución, así como un vídeo en formato horizontal de non máis dun minuto de duración presentando a súa candidatura. No caso das categorías Rookie ou Social sería igual, salvo que non faría falta este vídeo de candidatura. Todos os arquivos da candidatura deberán ser enviados a través do formulario habilitado a través dunha ligazón de descarga (wetransfer ou similar), ou ligazón a un cartafol compartido, ou a unha URL privada onde se sitúe o proxecto, xunto cunha breve explicación do proceso para poder executar o videoxogo.
5.3. Os videoxogos a concurso deberán ser FTP (Free-To-Play), ou na súa falta, a realización das probas non poderá supoñer, en ningún caso, desembolso algún para a organización.
5.4. Todos os xogos que participen, deberán facilitar acceso para probas a 3 «testers»; é dicir, en función do modo establecido para poder probar o xogo, deben enviar 3 claves ou códigos e incluílas dentro da documentación para presentar, indicado ademais o modo de descarga ou calquera explicación para a súa correcta execución.
5.5. Os requisitos descritos deberán cumprirse no momento da inscrición e, para ese efecto, aceptaranse as bases de pleno no momento de envío das candidaturas.
6. INSCRICIÓN
Os participantes deberán encher un formulario web do videoxogo presentado e no mesmo deben indicar a/s categoría/s ás que queira optar.
7. XURADO E FINALISTAS
7.1. O xurado estará composto por un pull de profesionais do sector do videoxogo de diferentes áreas.
7.2. O xurado dispoñerá dun prazo de sete días para probar os videoxogos.
7.3. O xurado puntuará de forma anónima nun formulario individual que a organización proporcionará.
7.4. O xurado analizará os seguintes criterios para a selección dos finalistas: Presentación Xeral do Xogo, Nivel Obra de arte, Posta en pantalla, grao técnico, xogabilidade, música e son, UX, duración, orixinalidade e cualificación persoal.
8. PREMIOS
Dado que o noso obxectivo é, ante todo, promover e visibilizar o talento novo e o emprendemento no sector dos videoxogos indie, establécense os seguintes premios:
8.1. Mellor Videoxogo de Galicia. Promoción nunha coñecida publicación de videoxogos
8.2. Mellor Videoxogo Rookie. Pack Steam
8.3. Videoxogo máis innovador Rookie. Pack Steam
8.4. Videoxogo con mellor proposta visual Rookie. Pack Steam
8.5. Mellor Videoxogo Social. Bolsa para participar como voluntario da ONG Aire durante unha semana nun campamento de refuxiados no Sahara.
8.6. Premio do Público. Videoxogo Extra.